PIONEIRAS ARREDOR DO MUNDO: MARUJA MALLO
Maruja Mallo, célebre pintora galega da xeneración do 27, dentro da denominada vanguardia interior española, experimental e innovadora.
Maruja Mallo (nacida como Ana María Gómez González, Viveiro, Lugo, 5 de xaneiro de 1902 - Madrid, 6 de febreiro de 1995) comezou os seus estudos na Escola de Artes e Oficios, para logo pasar a estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid. Alí relacionouse con cineastas, escritores e poetas de tanta sona como Federico García Lorca, Margarita Manso, Salvador Dalí, María Zambrano, etc.
Ela frecuentaba o Lyceum club Femenino, fundado en 1926 por un centear de mulleres de ámbitos culturales ilustrados cuxo obxectivo era a defensa dos intereses da muller ao tempo que lles facilitaba un lugar de encontro e promovía o desenvolvemento educativo, cultural e profesional das mulleres.
Durante a década de 1920 traballou para numerosas publicación literarias coma a Revista de Occidente, La Gaceta Literaria ou o Almanaque Literario e realizou portadas de varios libros. Maruja Seguía a nova línea de obxectividade ou realismo máxico.
Texto: Paula P.
Imaxe: https://es.wikipedia.org/wiki/Maruja_Mallo














