Sen enerxía abondo
Consumíuseme toda a enerxía
xa non me resta enerxía ningunha
toda foi absorbida de tentar sen
conseguir, de procurar sen atopar,
de o querer mais non o ter.
Acabóuseme a pouca enerxía que tiña
a que lle quería dar, a que gardei
para nós, para desfrutarmos.
Agora que máis ten, todo éme igual
estou sen nada e non quero desbotar
a pouca que me queda en tentar
facer calquera cousa que vai terminar
en nada.
Só teño vontade de me afastar se o
que ten para me dar é só distancia.
É hora de afastarmos se o que ha é
só vacilación.
Xa non quero máis estar así aínda
que sinta xa non me emociono, aínda
que queira xa non actúo por que éme
igual, a enerxía esgotouse.











