A noite foi en troques extremadamente tranquila. Deixaramos pasar as horas nun entresoño que só se crebara coa proximidade do amencer. Cando espertamos había un estrondoso silencio na vila, ese instante máxico no que a vida queda suspendida, estantía, coma un corpo en precario equilibrio ao bordo do precipicio, decidindo o peso de cada unha das súas células se cae ou non. *** Erratas: P. 12: "comA" en lugar de "coma". P. 47: "contornado" en lugar de "contornando". Primera edición: xullo 2015. Edicións Xerais de Galicia, S.A. Adquirido en Vigo, Librería Rayuela, el 25/08/2016.










