🪐Non podo nomear todas as loucuras que fixemos xuntos, todo o que pasamos, o que nos uniu cada momento das nosas vidas. Empezaches sendo o meu pai, e fúcheste convertendo en amigo! Cantas cousas compartimos? Cantos momentos? Cada mal trago que nos puxo a vida, soubemos facerlle fronte uníndonos moito máis. Quen pode dicir que o seu pai, é tamén o seu amigo, ese amigo incondicional que non lle vai fallar nunca? Eu podo dicilo, temos milleiros de momentos que o demostran! ▶️Vesme caer, e aínda rifándome, axúdasme a poñerme en pé, para seguir camiñando, ou para caer de novo. ▶️Por moito que discutamos, somos igualiños, en todo. ▶️Orgullosos, cabezóns e entendidos. ▶️Por favor, ségueme dicindo que estou desafinada, a pesar de que me enfade, sempre tes razón. ▶️Segue a empurrárme a vencer todos os medos que teño, porque é polo meu ben. ▶️Segue confiando en min e alentándome. ▶️Por favor, continúa sendo máis que un pai, un amigo! Porque es o amigo, que nunca vai fallar na miña vida! 🔆Sigamos compartindo loucuras e sumando momentos! Felices 55 invernos meu pai! . . . #55invernos #meupai #cómplice #amigo #xuntos #febreiro #SanBlas #festasenVilar #cumple #aventuras #asquenosquedan #tolemias (en Recuerdos Imborrables) https://www.instagram.com/p/B8FQjn0iFNl5Br57dFxn_0wFogJihSuITms7v40/?igshid=tvycb9rn2qcg