Durísima realidade.
seen from China
seen from Türkiye
seen from United States
seen from Yemen
seen from United States

seen from Malaysia

seen from Netherlands

seen from United States

seen from United States

seen from United States
seen from United States

seen from United States
seen from France
seen from Netherlands
seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from United States
seen from Argentina

seen from United States
Durísima realidade.

Anya is live and ready to show you everything. Watch her strip, dance, and perform exclusive shows just for you. Interact in real-time and make your fantasies come true.
Free to watch • No registration required • HD streaming
Pioneiras arredor do mundo: Alicia Alonso
Alicia Alonso, bailarina sen vista.
Alicia Alonso, nacida Alicia Ernestina de la Caridad del Cobre Martínez del Hoyo (Cuba, 21 de diciembre de 1920- Cuba, 17 de octubre de 2019) foi unha bailarina excepcional que fundou o ballet cubano. Con 19 anos enfermou e perdeu a vista nun ollo. Durante o seu tempo na cama, practicou na súa imaxinación Giselle, un ballet composto por Adolphe Adam (Música), Jules Perrot, Jean Corrali (coreografía) e Theophile Gautier e Jules-Henri Vernoy como libretistas. Unha vez que puido volver a bailar, preguntáronlle se sería capaz de bailar a parte de Giselle, a protagonista, e ela, tras practicalo tanto na cama, foi capaz de aceptar. Seguiu bailando desta maneira, apenas podendo ver por un dos seus ollos, ata que decidiu fundar unha escola na súa nativa Cuba, para que outros grandes artistas poidesen bailar e representar ao seu país.
Texto: Rosalía
Imaxes: wikipedia.com e rosalía
Addenda
Levo un par de días dándolle voltas a se escribir ou non este artigo. Porque creo que, neste mesmo xornal, Iolanda Veloso xa expresou moitas das cousas que me produciu este vídeo cando o topei hai pouco no meu Facebook. Pero ao final, non me puiden resistir...
Está claro que o vídeo é unha estratexia de propaganda, un produto para entretemento que non está respaldado por ningunha institución ao que alguén con coñecemento dos medios non debera dar importancia. Se non soubese que eses produtos de publicidade disfrazados de entretemento que producen os medios para obter repercusión son, en moitos casos, os máis efectivos -ou perigosos, coma neste caso- á hora de construír sociedade, de implantar ideas comúns.
Está claro, como moi ben apunta Iolanda, que é un vídeo tramposo, desde o momento en que nel só aparecen mulleres, aproveitándose desa figura mítica da nai que tan de cabeza me trae, e dándolle unha volta máis, á da nai loitadora, coraxe, heroína, no caso das mulleres con fillos pluridiscapacitados (sic, no video). Nos medios de comunicación se traballa con estereotipos, non vaia ser que o público non poida identificar rápidamente ás personaxes e non consuma a nosa historia por requerirlle demasiado esforzo. Este é só un caso máis.
Que na sala de espera de Rehabilitación Infantil siga habendo moitas máis nais que pais, ademais de avós e avoas que tamén pringan coas complicacións loxísticas de ter un fillo con problemas médicos, non é unha confirmación do estereotipo. Que cando as necesidades dos fillos son directamente incompatibles cunha vida laboral quen deixe o traballo sexan elas e que o noventa por cento dos traballadores do servizo sexan á súa vez mulleres non é senón un síntoma de que ese estereotipo segue condicionando as escollas das mulleres, nais ou non.
Está claro que é un vídeo pretendidamente lacrimóxeno, cuxo obxecto final é producir bágoas, emocionar a calqueira prezo. Senón, non se comprende que se humille ás mulleres con fillos normotipo por verbalizar as preocupacións lóxicas e habituais de calquera persoa con fillos. Porque o que todas veñen a dicir é que queren que os seus fillos teñan unha vida normal, cómoda, fácil... que por outra parte é o que queremos tamén as persoas con fillos, sexan ou non neurodiverxentes.
De feito, esta división ficticia é unha das cousas que máis me complica a vida. Porque eu podería facer o mesmo vídeo sentándome, con trucos de montaxe, en ambos os lados do sofá. Porque eu teño polo menos un fillo normotipo e un neurodiverxente (o verme que durme no berce, por sorte, aínda non deu sinais de pertencer ao segundo dos bandos, pero nunca se sabe). E, se o mundo fose tan sinxelo -e tan falso- coma ese vídeo, eu sería unha nai idiota que se preocupa porque, por exemplo, o Nemo é máis rebelde do que me gustaría, e un exemplo a seguir cando estivese na outra esquina, feliz porque Tristán é quen de dicirme que lle doe. Absurdo, ¿non é? Porque non existen dous tipos de nais segundo os fillos que teñan, existen circunstancias e persoas que se adecúan (ou non) a esas circunstancias.
O que quizáis non está tan claro é que é un vídeo perigoso. Moi perigoso por rematar antes de tempo. Por quedarse en que o único que deben aprender as nais -insisto, non os pais, as cousas dos fillos e das emocións non van con eles- que comparten eses vídeos nas redes sociais é a apreciar o que teñen porque hai outros que teñen menos, e a autoflaxelarse un pouco por ter sido tan soberbios. ¡E a rañala! Pois miren, non.
Aquí xa é onde a cousa me ofende, pero non persoalmente, senón socialmente, porque me parece directamente irresponsable desaproveitar a oportunidade de dicir que o que deberan aprender esas nais é que non é normal que se desentendan de loitar porque as consecuencias deses azares -poñede discapacidade, poñede cartos, poñede saúde... da igual- sexan as mínimas.
E por iso non me puiden resistir a escribilo.
Vía: Sorrisomail