Luscofusco
Luscofusco Luscofusco
caída do día, é unha pulsión,
limiar da noite, pulsión do que pode
acendido da noite. acontecer no tempo vindeiro.
Luscofusco Luscofusco
luz miúda, é unha pulsión,
primeiro azulada, pulsión que aínda
logo alaranxado, está próxima a
despois arroibado, acontecer.
finalmente todo xunto.
É pulsión do que
Nunha xanela para pode ser mais aínda
velo, non se compón
a tranquilidade en materia.
e a estraña
sensación que luscofusco
me asolaga. é o final do
comezo,
É nostalxia, un novo amencer
é desexo de vivir, construíndose coas
é o gozo do intre, cinzas do anterior
é inesperado? comezar.












