"Franceses e ingleses loitan na nosa terra conquistada. à un tempo de grandes cambios de ideas, de revolución ou de seguir coma sempre. A invasión de Napoleón trae consigo as ideas da igualdade, liberdade e fraternidade. Para loitar contra os franceses vanse organizando pequenos grupos de guerrilleiros que conseguirÔn pouco a pouco botar ao gran exército francés. En PaizÔs, Cambeda, hai montado un cuartel para reclutar xente. Pero cando toca actuar, van chegar tarde ao ataque. Corcubión, Cee e outras vilas da zona son saqueadas e incendiadas."
PaizƔs, Cambeda, 1809 (hai 200 anos).
Texto: Manuel Rial.
Ilustración para āUnha historia de Vimianzoā.










