A porta abriuse dun golpe. Eu quixen erguerme pero unha forza estraña paralizárame a musculatura. Unha presenza feminina entrou no cuarto con fru-fru de sedas e rozar de sapatos de sola fina no sobrado. Nimbada pola luz de lúa, parouse a figura fronte á miña cama.
Arraianos, X. L. Méndez Ferrín














