O visgo (viscum album) é unha planta parasita que as campurrianas chamamos almuérgano. Manuel Pardo de Santayana, en 'Estudios etnobotánicos de Campoo: conocimiento y uso tradicional', documenta o seu uso decorativo en Campoo polo tempo do solsticio de inverno, así como un emprego máxico a xeito de amuleto cando é pendurado das portas. Na medicina tradicional campurriana o almuérnago serve como antihipertensivo (macerado en viño branco), como baño para os sabañóns dos pés e en infusión para tratar síntomas da epilepsia. Así mesmo, tiña un grande valor en veterinaria, para as enfermidades do parto de vacas, cabuxas e ovellas, para axudalas a botar as "parias" ou "riestras" e evitar infeccións. Segundo Calderón Escalada, o almuérnago en Campoo protagoniza tamén un rito vencellado ao solsticio de verán: apañábase na noite de San Xoán para favorecer a fecundidade dos animais. #Visgo #muérdago #almuérnago #mistletoe https://www.instagram.com/p/B6tJ5kvCTBp/?igshid=1s904o5x399h9












