Outro ano máis, estaremos despedindo o ano e dándolle a benvida ao próximo con un motón de actividades gracias a Campaña de Nadal!!
Tras o gran éxito do ano pasado, este ano volverán os sorteos con premios máis grandes!! Non damos máis rodeos, deixámosvos as programadas as seguintes actividades:
Por cada 20€ de compra obteredes unha participación, por exemplo, se o tícket que enviades o WhatsApp é de 62€ sumarían 3 participacións.
Algúns dos premios que están en xogo son:
Unha viaxe valorada en 1.000 €
Unha Escoba-aspiradora premium de Samsung con autovaciado.
Un Carro da compra valorado en 300 €
Unha Tarxeta de combustible de 300 €
Dúas Cestas de nadal valorada cada unha en 600 €
*Tódolos sorteos realizaranse ante notario.
Este ano a ludoteca trasládase a segundo andar do Novo Mercado.
O custo da entrada para 1 hora será de 10 € pero se presentades un tícket de compra dun comercio asociado dun importe superior a 10 € terán un desconto de 7 € polo que a entrada custaralle 3 €. Ademais, poderán reutilizar o mesmo tícket para obter o desconto e por cada 10 € obterán un desconto, e dicir, se o tícket ten un valor de por exemplo 35 €, poderán obter o desconto 3 veces co mesmo tícket.
Estará dispoñible dende o 22 de decembro ata o 6 de xaneiro no horario de mañá de 11.00 a 14.00 e de tarde de 16.30 a 20.30. Excepto o 24 e o 31 que pecharase unha hora antes.
Polo que establecemos horarios de acceso:
Pola mañá ás 11.00, 12.00, e 13.00 e pola tarde ás 16:30, 17:30, 18.30 e 19.30.
O Parque de Nadal estará aberto de 11:00 a 20:30 horas os días 6, 7, 8, 9, 10, 15, 16 e 17 de decembro. Dende o día 22, funcionará continuado ata o 07 de xaneiro sempre que o tempo o permita.
• De Cotío - 26 de decembro ás 18:30 na Rúa Calvo Sotelo
• Moa Quinteto - 27 de decembro ás 18:30 na Praza do Mercado
• Galega de bailables - 2 de xaneiro ás 18:30 na Praza do Mercado
• Taller de Cántigas populares e de nadal para todos os públicos - 3 de xaneiro ás 18.30 na Rúa Ulla.