Organizado pola Universidade de A Coruña, coa colaboración das A.C. Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, terá lugar a seguinte Mesa Redonda:
Mércores 9 de Marzo, ás 19 h.
“1972-2022, 50º Aniversario das Mobilizacións Operarias (e Sucesos) de Ferrol”
Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Traballo.
Campus de Esteiro. Ferrol. Entrada libre ata completar aforo.
Un interesante debate sobre aqueles sucesos do 72, nos que os traballadores de BAZÁN e parte da cidadanía, loitando polas melloras laboráis e por conseguir os dereitos democráticos e rematar coa Ditadura, sufriron a represión policial, resultando asesinados Amador e Daniel, case un cento de feridos e moitos con condenas de cárcere, torturas, detencións, multas, perda do traballo, exilio…
Intervirán:
María Jesús Movilla Fernández
Vicereitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
Profesor da UDC e Director da Cátedra de Memoria Histórica.
Eliseo Fernández Fernández
Documentalista e historiador.
José Gómez Alén
Catedrático de EE.MM. e historiador. Vpte. da Fundación Xaime Quesada Blanco.
Bernardo Máiz Vázquez
Doutor en Historia.
Testemuños (Represaliados do 10 de Marzo):
Rafael Pillado Lista
Cofundador das CCOO e do PCG.
Sari Albau Albors
Mestra e militante do PCG.
Alfonso Tellado Sande
Sindicalista.
Pecharase o Acto coa actuación dos gaiteiros:
Roberto Rama Castroagudín
Bernardo Máiz Bar.
Manifestación do 10-M
O vindeiro xoves 10, “Día da Clase Obreira Galega” comenmorando o 50º aniversario daquela data de 1972, as Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, sumarémonos á Manifestación que convocada por CCOO, sairá da porta de Navantia (porta das áncoras), ás 11,30 h, para chegar ao Monumento do Dez de Marzo, onde terá lugar a ofrenda floral, acto institucional do Concello de Ferrol.
Recollida de sinaturas
Convidamos aos amigos e amigas, socias e socios a participar destes actos e vos recordamos que tamén estaremos nese punto recollendo firmas para o traslado do Monumento desde o emprazamento marxinal que agora ocupa ao verdadero lugar onde aquel suceso se produxo, a praza contigua que deberá levar o nome de Praza do Dez de Marzo.
Anya is live and ready to show you everything. Watch her strip, dance, and perform exclusive shows just for you. Interact in real-time and make your fantasies come true.
✓ Live Streaming✓ Interactive Chat✓ Private Shows✓ HD Quality✓ Free Actions
Free to watch • No registration required • HD streaming