Anya is live and ready to show you everything. Watch her strip, dance, and perform exclusive shows just for you. Interact in real-time and make your fantasies come true.
✓ Live Streaming✓ Interactive Chat✓ Private Shows✓ HD Quality✓ Free Actions
Free to watch • No registration required • HD streaming
@revistaeljueves reflicte a forza da man feminina para a greve do #8M.
Se nós paramos, o mundo para.
https://www.instagram.com/p/BuqtseUHXK2JjR-DSasqzkNLvtrAqUHX_OWu3Y0/?utm_source=ig_tumblr_share&igshid=1w8yfkyn7hpez
Organizado pola Universidade de A Coruña, coa colaboración das A.C. Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, terá lugar a seguinte Mesa Redonda:
Mércores 9 de Marzo, ás 19 h.
“1972-2022, 50º Aniversario das Mobilizacións Operarias (e Sucesos) de Ferrol”
Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Traballo.
Campus de Esteiro. Ferrol. Entrada libre ata completar aforo.
Un interesante debate sobre aqueles sucesos do 72, nos que os traballadores de BAZÁN e parte da cidadanía, loitando polas melloras laboráis e por conseguir os dereitos democráticos e rematar coa Ditadura, sufriron a represión policial, resultando asesinados Amador e Daniel, case un cento de feridos e moitos con condenas de cárcere, torturas, detencións, multas, perda do traballo, exilio…
Intervirán:
María Jesús Movilla Fernández
Vicereitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
Profesor da UDC e Director da Cátedra de Memoria Histórica.
Eliseo Fernández Fernández
Documentalista e historiador.
José Gómez Alén
Catedrático de EE.MM. e historiador. Vpte. da Fundación Xaime Quesada Blanco.
Bernardo Máiz Vázquez
Doutor en Historia.
Testemuños (Represaliados do 10 de Marzo):
Rafael Pillado Lista
Cofundador das CCOO e do PCG.
Sari Albau Albors
Mestra e militante do PCG.
Alfonso Tellado Sande
Sindicalista.
Pecharase o Acto coa actuación dos gaiteiros:
Roberto Rama Castroagudín
Bernardo Máiz Bar.
Manifestación do 10-M
O vindeiro xoves 10, “Día da Clase Obreira Galega” comenmorando o 50º aniversario daquela data de 1972, as Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, sumarémonos á Manifestación que convocada por CCOO, sairá da porta de Navantia (porta das áncoras), ás 11,30 h, para chegar ao Monumento do Dez de Marzo, onde terá lugar a ofrenda floral, acto institucional do Concello de Ferrol.
Recollida de sinaturas
Convidamos aos amigos e amigas, socias e socios a participar destes actos e vos recordamos que tamén estaremos nese punto recollendo firmas para o traslado do Monumento desde o emprazamento marxinal que agora ocupa ao verdadero lugar onde aquel suceso se produxo, a praza contigua que deberá levar o nome de Praza do Dez de Marzo.
A min gustaríame viaxar a un mundo que tiña que ser este, un mundo no que non te discriminan pola túa cor de pel, polos cartos que teñas, polo teu sexo…
Un mundo no que, sendo ti mesmo, ninguén che vai a discriminar e podas vivir tal e como ti queres.
Por desgraza neste o noso planeta criticar é a afección de moitos, poñer ao borde dun precipicio a moita xente.
Parece mentira que o ser humano se apoderase do mundo e sexa, por así decilo, o dono. Creo que un humano non está realmente capacitado para gobernar o mundo, xa que é unha especie moi egoísta, e dicir, só pensa nel.
Agora é cando todos debemos ser comprensivos, nestes momentos tan duros, tan fortes para algúns e isto é unha oportunidade da natureza para mentalizarnos e para que sexamos todos comprensivos e nos tratemos coma iguais, sexas negro, branco, verde….Todos temos os mesmos dereitos e ninguén pode quitárnolos.
Debemos coñecer a realidade, quen fai o ben e quen fai o mal, debemos perdoarnos con todas aquelas persoas coas que nalgún momento tivemos problemas e ata agora non lles falabamos. Este é o teu momento para quitar todas esas inseguridades de ti, para sentirte libre e ben con todo o mundo. Libérate, aproveita, vive, deixa vivir.
Sempre vai a haber catro que queren fastidiar a vida dos demais, pero mira, son catro, non te deixes levar por eles, xa se cansarán de facer o parvo. O mellor nestas cousas é aprender so e nun so instante vaste dar de conta de que fas ben e que fas mal, quen é o bo e quen é o malo.
Desfruta e non te pares no camiño para xuntarte co egoísmo.
Anya is live and ready to show you everything. Watch her strip, dance, and perform exclusive shows just for you. Interact in real-time and make your fantasies come true.
✓ Live Streaming✓ Interactive Chat✓ Private Shows✓ HD Quality✓ Free Actions
Free to watch • No registration required • HD streaming
O 8 de marzo había un mundo de xente na rúa para reclamar os dereitos das mulleres. Desde unha mirada militante, foi unha mobilización feminista. Pero había outras lecturas, máis transversais: a sociedade enteira precisa dun compromiso coa causa das mulleres, coa causa da igualdade para seguir avanzando en liberdade e fraternidade / sororidade.
Un ano máis, o 27 de xaneiro e como cada cabodano, desprazámonos ao Castelo de San Felipe para acompañar aos familiares de Amada García e doutras vítimas da represión franquista, nun acto cívico popular que, desde hai dous anos, é asumido institucionalmente polo Concello de Ferrol.
Durante o acto de hoxe tomaron a palabra, convidados polo edil de Cultura Suso Basterrechea, a presidenta da Asociación de Veciños de San Felipe e San Cristovo María Tella; o profesor e historiador Enrique Barrera en nome da nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática; o historiador Bernardo Máiz -biógrafo de Amada García- e o seu neto político, que estaba acompañado por dúas das bisnetas de Amada. Pechou as alocucións o alcalde da cidade Jorge Suárez, antes de proceder á ofrenda floral ante a placa instalada en 2006 ante os muros do castelo.
Posteriormente, tamén asistimos ao Cemiterio de Serantes para colocar unha ofrenda na tumba de Amada García e o seu fillo Gabriel, e nas distintas foxas comúns onde repousan os restos de deceas de represaliados tralo golpe militar de xullo de 1936.
Ao termo do acto familiar no cemiterio, tamén acompañamos a algúns familiares e descendentes ante o monolito erixido fronte ao Centro de Saúde de Serantes, o antigo edificio do concello, onde réndese memoria ao último alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis, e a outras tres persoas que tentaron protexelo ofrecéndolle refuxio durante os meses de terror que seguiron ao golpe: Modesto del Río, Jesús Miño e Avelino Landeira. Tras ser detidos, os catro foron asasinados en febreiro de 1938 na praia da Frouxeira en Valdoviño.