Arrinca é un proxecto colaborativo, de ámbito galego, que nace para axudar a xente cunha idea de negocio para que poida desenvolvela e facela realidade. É dicir, que se tes unha idea e queres asesorarte, contrastala e buscar outras persoas, Arrinca pode ser de interese para ti.
O obxectivo de Arrinca é reunir a persoas con distintos perfís profesionais ou aptitudes persoais para colaborar, desinteresadamente, sobre os proxectos participantes nos distintos eventos. Desta maneira, preténdese favorecer a posta en marcha de novos negocios, a creación de postos de traballo e a mellora económica nas distintas rexións de Galicia onde se organice un evento Arrinca.
Teñen cabida como beneficiarios deste proxecto tanto as persoas cun proxecto empresarial que necesita ser contrastado ou mellorado, como as PEMEs que xa están en funcionamento pero que buscan axuda para optimizar ou modernizar o seu modelo de negocio.
Do mesmo modo, o evento está aberto á participación de todo tipo de persoas que achegan o seu coñecemento: estudantes, persoas que traballan por conta propia ou conta allea, desempregadas, xubiladas ou especialistas nalgún tema concreto. Aportan a súa opinión aos proxectos participantes, gozan dunha experiencia enriquecedora e gratificante, á vez que fan contactos e establecen colaboracións futuras.
O evento comeza o venres día 9 ás 17 horas coa presentación dos proxectos. O sábado o día está destinado a traballar en equipo aportando melloras e solucións aos proxectos nos que nos integramos. Teremos a contribución de mentores, faremos un xantar de networking (incluido no prezo) e será unha oportunidade única para facer contactos e traballar cunha metodoloxía eficaz e probada.
Inscricións e máis info: